Na Clínica de Fisioterapia e Podoloxia Vértebra de Baio brindamos unha atención sanitaria personalizada e de calidade. O equipo está formado por doús fisioterapeutas, Berta Reymúndez (col. 2180) e David Espasandín (col.1095 ); xunto coa podóloga Alicia Novas (col. 934). Sendo a nosa prioridade mellorar a calidade de vida dos nósos pacientes.



Berta Reymúndez e Alicia Novás
Rúa Obispo Romero de Lema 50-52. 15150 Baio
T. 981 731 551
vertebrafisioterapia@gmail.com

Buscar ruta de viaje

Clínica de Fisioterapia e Podoloxía Vértebra

Formación continua

Formación continua na Clínica Vértebra

Estamos a formarnos continuamente.

Actualizando coñecementos xa adquiridos e descubrindo outros campos de traballo. Consideramos que é imprescindible manternos actualizados para así continuar garantizando un amplio porcentaxe de éxito nos nosos tratamentos e seguimentos ós nosos pacientes.


Dende aquí insistimos na importancia de acudir sempre a profesionais caulificados e debidamente formados.

Podedes buscar os podólogos e fisioterapeutas colexiados nas páxinas oficiais dos nosos colexios: COPOGA e COFIGA.

E podes seguirnos no Facebook da Clínica Vértebra onde os mantemos ao tanto das últimas tendencias en materia de saúde.

Tratamentos en Podoloxía

Alicia Novás é a podóloga de Vértebra

A podoloxía é unha rama de especialidade médica que ten como obxeto o estudio, valoración, diagnóstico e tratamentos de todas aquelas efermidades e alteracións que afectan ó pe e tobillo. Por tanto, o podólogo é o profesional sanitario mellor calificado e especiealizado en todo o relacionado con pé e tobillo. O podólogo pode realizar tratamentos ortopodolóxicos a medida, pautar plans de recuperación funcional, vendaxes específicos,  valorar, realizar ou solicitar probas complementarias, prescribir fármacos, realizar procedementos quirúrxicos ungueias, de partes brandas e osteoarticulares.

Alicia Novás, PODÓLOGA 
Diplomada en Podoloxía pola UDC e Postgrado en Técnicas Ortopédicas pola UAB. En constante formación ofrecida polo COPOGA e outros Colexios Podolóxicos abarca os seguintes campos:
- Quiropodia: eliminación de calos (helomas); durezas (hiperqueratose); alteracións ungueais que cursen con engrosamento e malformación (onicodistrofia/onicogrifose); debilidade ungueal; uñas con fungos (onicomicose), uñas cravadas (onicocriptose).
- Tratamentos dérmicos: verrugas plantares (papilomas); alteracións na sudoración (hiperhidrose, bromhidrose); pé de atleta; feridas; úlceras por presión, vasculares, neurolóxicas ou en pé diabético.
- Biomecánica: valoración da pisada e da marcha do paciente empregando unha plataforma de presións. Que xunto a valoración en camilla, visual e palpatoria permítenos obter datos mais obxetivos logrando chegar a un diagnóstico mais completo. Sendo de vital importancia en idades temprás e en presencia de outras patoloxías como escoliosis, existindo ou non clínica dolorosa nos pés.
- Tratamentos físicos: para esguinces, fascitis plantares, espolóns, neuromas, etc. Recurrimos a un amplio abanico de posibilidades terapeúticas tales como vendaxes funcionais e neuromusculares; aplicación de electroterapia e ultrasóns; colocación de ventosas; punción seca; e pauta de exercicios de recuperación.
- Ortopodoloxía: realizamos orteses de silicona á medida para patoloxías dixitais tan diversas como uns juanetes, dedos en garra ou amputacións dixitais. As nósas Orteses Plantares (plantillas) tamén son únicas para cada paciente e realizadas cos últimos avances tecnolóxicos en Ortopodoloxía. Adáptanse ó molde dos pés de cada paciente tomado previamente e sempre tendo en conta cada dato obtido na exploración biomecánica.
- Cirurxía ungueal: solución definitiva de problemas de uñas encarnadas mediante cirurxía programada. Sen apenas dor e con moi pouco tempo de recuperación, logramos que as molestias e infeccións recurrentes, debidas a unha uña cravada, cesen para sempre.

Tratamentos en Fisioterapia

Berta Reymúndez realizando un tratamento de fisioterapia para embarzadas

A fisioterapia é unha rama das ciencias da saúde que consiste en apelar a elementos naturais ou a accións mecánicas, como movementos corporais e exercicios físicos, para curar, prever e recuperar ás persoas con disfuncións somáticas ou aquelas que desexan mater un nivel adecuado de saúde.

Na Clínica Vértebra, é a fisioterapeuta colexiada (nº 2180) Berta Reymúndez, a reponsable de facer toda clase de tratamentos relacionados coa fisioterapia e a rehabilitación. Ademais, a Clínica conta co colaborador David Espasandín.

Os tratamentos son os seguintes:
- Técnicas manuais.
- Masaxes terapéuticos.
- Drenaxes linfáticos.
- Punción seca.
- Reeducación baseada en Pilates.
- Técnicas miofasciais.
- Especialista en fisioterapia deportiva.
- Sesión de fisioterapira para embarazadas.

Horarios e contacto

Clínica Vértebra

Estamos na Rúa Obispo Romero de Lema, 50-52, de Baio, ou no  981 731 551.

O noso horario de apertura é de luns a venres de 10:00h a 13:30h e de 16:00h a 21:00h. 
Tamén realizamos visitas a domicilio.
Poden solicitar a cita previa no 981 731 551.

Ademais:

- Impartimos cursos de Pilates para grupos reducidos.
- Traballamos con seguros (avisar ao solicitar a cita previa).


Os nosos números de rexistro de centro sanitario son:

  • Alicia Novás (Nº.R.S: C-15-002840); 
  • Berta (Nº.R.S: C-15-002801)

Enlaces